Header Image

HOLIDAY CLUB

Escocia

Holiday Club foi formado por Luisa Brown e Freya Rae no 2018 en Edimburgo cun claro obxectivo, estar de vacacións o máximo tempo posible. Este demostrou ser un excelente modelo de negocio e no tardaron en aterrar como cuarteto en Holanda, Portugal, Galicia, Chipre, Francia ou Alemaña. Cada integrante é un músico de xira internacional por dereito propio, membros de bandas galardonadas e aclamadas pola crítica como Dallahan, Blue Giant Orkestar, Birlinn Jiarg ou Brúa.

A súa música nace das “sessions” e foliadas e reflexa as raíces da súa propia tradición escocesa, irlandesa e galega, incluindo no seu repertorio unha gran parte de composicións propias. Interpretan unha música folk diferente, fresca e animada conseguindo que o público baile de principio a fin nos seus concertos.

Dossier

Anos participación
Festival:
  • 2022
  • 2023
Runas:
  • 2020