Header Image

Chirlomirlo

Chirlomirlo sae a escea pola necesidade duns músicos da Escola de Gaitas de Ortigueira de mostrar ao público outro xeito de interpretar o repertorio galego de gaita. Faino, aproveitando a precisión da banda, o xenio e creatividade das foliadas e sardiñadas e, como non, as moitas táboas gañadas nos palcos de festivais e festas.

A banda consegue que parezan novas melodías de sempre. El artífice del proyecto es Rodrigo López, director musical da Escola de Gaitas de Ortigueira (gaitas do e sol), acompañado por Isma (percusión), por César Yánez (bombo e bouzouqui) e tamén músicos da Escola. Completa o cadro o ferrolán  José Eulogio Rodríguez, “Chechu”(acordeón e piano).

Chirlomirlo fai música tabernaria, para bailar e gozar. A experiencia dos integrantes da banda (Bágoa de Raíña, Os Zarambeques, Dómine Cabra, Adival, Ziricollos, Serralle ai, Berros do Castro etc..) garanten boa festa.