O Concello de Ortigueira abre o prazo para se inscribir na bolsa de emprego para o Festival Internacional do Mundo Celta. As persoas interesadas poden presentar as súas solicitudes ata o 6 de xullo nas oficinas do Concello.

Ofértanse postos de traballo de: hostalería en todas as súas variantes (barra, restauración, postos ambulantes de comida, etc.), auxiliares de aparcadoiros, limpeza en vía pública e mantemento das zonas de aseos e auxiliares diversos.

O único requisito é estar desempregado e presentar no Concello a solicitude debidamente cuberta, copia do DNI e a tarxeta de demandante de emprego.

AnexoTamaño
PDF icon Bases bolsa de emprego Festival 2018549.99 KB