O Concello de Ortigueira publicou no BOP da Coruña o anuncio de licitación para a adxudicación, mediante poxa, da ocupación de parcelas para a instalación de postos de restauración durante O Festival Internacional do Mundo Celta 2018.

Desde este luns 4 de xuño xa son públicas as Bases que rexerán a adxudicación de postos de restauración e barras durante a celebración do Festival Internacional do Mundo Celta 2018, que se desenvolverá os días 12, 13, 14, 15 xullo. Os postos agrúpanse en ZONA A (CASCO URBANO) e ZONA B (MOROUZOS). Os días de preparación e montaxe serán o luns 9, martes 10 e mércores 11 de xullo. A desmontaxe será o luns 16 de xullo.

 

Lugar e prazo de presentación de proposicións: as ofertas deben presentarse no Rexistro Xeral do Concello durante os QUINCE DÍAS NATURAIS seguintes á publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia da Coruña, ou na sede electrónica do Concello: ortigueira.sedelectronica.es

Máis información: Secretaria Municipal - Negociado de contratación e na páxina web concellodeortigueira.es e sede electrónica do Concello.