Cargando...

O Concello de Ortigueira, a través do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira  convoca unha nova edición do Proxecto Runas de Música folk, dirixido a todos/as os  interesados/as en facerse un oco no mundo folk e unha posible  actuación no Festival de Ortigueira 2018.

 

Un ano mais as novas ou consolidadas bandas de música folk competirán para facerse un lugar no escenario principal do festival de Ortigueira do ano 2018.

Ademais séguese  establecendo un cache de 1.500 euros para cada un dos grupos que accedan a final do xoves 13 de xullo.

Mantense  a fase de votacións por Internet, e a selección dos tres grupos finalistas farase por un xurado especializado.

As bases establecen os criterios musicais, requisitos, documentación e data límite para presentar os traballos,  en formato digital.

 

Toda a información pódese obter na páxina web do festival (www.festivaldeortigueira.com),  en  facebook,  por correo electrónico ou telefonicamente.

 

O prazo para presentar os traballos remata o 17 de abril de 2017.