Xa está aberto o prazo para presentar solicitudes para participar na Feira de artesanía convocada polo Festival de Ortigueira, que se desenvolverá durante a celebración do mesmo, do 12 o 15 de xullo deste ano.

As modalidades convocadas son as de artesáns, que realizan e venden seus produtos, e de artesanías do mundo, aqueles que venden artesanías doutros artesáns. A Feira non está aberta a venda de produtos industriais nin alimenticios ou de bebidas.

Deberán presentar súa solicitude, xunto coa documentación requirida, ata o 20 de abril incluído.

Posteriormente publicarase a lista de admitidos, normas, abonos das taxas e aquelas cuestións necesarias para organizala correctamente.

A modalidade de artesáns de venda ambulante abrirá o prazo de inscrición do 1 o 15 de xuño exclusivamente.

As bases da convocatoria encóntranse publicadas na web do festival www.festivaldeortigueira.com, e na sede electrónica do Concello (http://ortigueira.sedelectronica.es).

Lembra: fin de prazo, 20 de abril.