Esta maña reuniuse as 11 horas o xurado constituído o efecto para fallo do concurso, baixo a presidencia do Alcalde de Ortigueira, D. Juan Penabad Muras.

Deste xurado formaron parte o propio Alcalde, D Juan Penabad, D Xavier Garrote, D Francisco Bermudez e D. Álvaro Fernandez, fundadores e primeiros organizadores do Festival en 1978. A eles uniuse D. Antonio Cortés, Xefe de Marketing de Gadisa, un dos principais patrocinadores privados do festival, e D, Pablo Zentolo, Director creativo de Reizentolo, empresa que deseñou os carteis dos últimos dous años.

Desculpou a súa ausencia por razóns médicas a representante de Estrella Galicia, outro dos patrocinadores privados mais importantes do Festival.

Despois de analizar os mais de 30 traballos presentados, súa calidade gráfica e artística, súa concepción da imaxe do festival, seu impacto comercial, e outros compoñentes, o traballo seleccionado foi o que tiña por lema "Saúde, cartos e amor".

Por parte do Sr. Alcalde se procedeuse a apertura do sobre cos datos personais do autor/a, que resultou ser D, Fernando Ruibal Piay, de Mourente, Pontevedra.

Correspondelle un premio de 3.000 euros e a elaboración de toda a imaxe do festival para este ano de 2018..

En segundo lugar e cun accésit de 600 euros, resultou seleccionada a obra denominada "Esencia Celta", e que resultou corresponder a Yago García Rodríguez, de Santiago de Compostela.

En xeral o xurado valorou a gran calidade dos traballos presentados e o bo momento do deseño gráfico e do Festival de Ortigueira.

 

Cartel Ganador Festival Ortigueira 2018