Cargando...

Tras catro días sendo o epicentro do folk internacional, o Festival de Ortigueira clausura a súa XXXIII edición cun balance moi positivo para artistas, público e organización.

Unhas 95.000 persoas pasaron por Ortigueira durante estes días atraídos por músicos como Usher's Island, Skerryvore, Harmonica Creams, A Roda ou Treixadura que se encargaron de facer deste evento algo máis que un festival. Ortigueira converteuse nunha cita obrigada nas axendas de miles de folkies chegados de todo o mundo.

A última xornada estivo marcada polo esperado concerto acústico monográfico “Xapón e a Música Celta” no que músicos como Harmonica Creams, Shun Yonemura, Yoko Takano e Hatao fixeron as delicias dun público entregado e curioso por descubrir como se entende e interpreta o folk no afastado Xapón.

A clausura no Escenario Estrela Galicia contou cun sabor 100% galego onde grupos como A Roda, Treixadura, Gamelas e Anduriñas e Vos Carecos, entre outros, fixeron as delicias dun público que disfrutou coreando temas clásicos da cultura galega.

O público di repetir ano tras ano polo cartel de artistas, a contorna e o ambiente que se respira. Tamén xoga a favor do Festival que tanto os concertos como a zona de descanso sexan de carácter gratuíto.

Co Festival aínda nas nosas retinas e oídos, a organización xa está a negociar o cartel dos próximos dous anos e prometen sorpresas moi agradables para os folkies.