Cargando...

Ortigueira enfila a recta final do o seu Festival cun programa cheo de actividades para todos os gustos.

A cita comezará ás 11.30 horas co tradicional desfile de Bandas das Nacións Celtas capitaneadas pola Escola de Gaitas de Ortigueira. O desfile, no que participarán 8 bandas vindas de Galicia, Bretaña, Asturias e Escocia arrincará o seu percorrido na Alameda e pasará por R. AS Puntes, Avda. Escola de Gaitas, Gadis, Avda. Penela, Rúa Xosé Buide, Rúa Fco. Santiago e finalizará no Cantón.

Este espectacular desfile, xunto cos distintos pasacalles programados ao longo do día, encherán de música as rúas de Ortigueira.

Ao longo da tarde, a acción trasladarase ao Teatro da Beneficencia onde ás 19.30 horas terá lugar un concerto acústico monográfico no que actuarán as bandas xaponesas que participaron nesta edición do Festival (Harmonica Creams, Shun Yonemura, Yoko Tanako e Hatao).

Estas actuacións darán paso á noite galega do Escenario Estrela Galicia onde actuarán ante miles de persoas Gamelas e Anduriñas, Vos Carecos, Treixadura, Cantigas e Agarimos e A Roda.

Sen dúbida, un gran peche para unha edición desta cita indispensable para os amantes do folk e a música tradicional galega.