Cargando...

A xornada inaugural do Festival de Ortigueira pechouse coa vitoria de Gabriel G. Diges na final do Proxecto Runas 2017.

A banda, que chegaba por segunda vez a esta final, conseguiu impoñerse nunha reñidísima final aos xaponeses Koji Koji Moheji (dos que só lles separou un punto) e aos eslovenos Noreia que quedaron en terceira posición cunha diferenza de 5 puntos.

Gabriel G. Diges conseguiu meterse no peto aos máis de 5.000 espectadores que bailaron e vibraron ao son dun repertorio enérxico.

O xurado, formado por: Emilio Españadero, Ernesto Campos, Marcos Vallés, Bruno Lozano e Alberto Balboa, resaltou a calidade do directo desta banda así como a súa altísima técnica e calidade musical e augúranlle unha gran proxección.

A edición do ano 2000 trouxo consigo o “Proxecto Runas”, un certame para promocionar e lanzar a novos artistas emerxentes do folk.

O xurado fixo especial fincapé no nivel de todos os finalistas que, sen dúbida, fixeron as delicias de multitudinario público que se achegou a gozar dunha final especialmente emocionante e rifada.