Xa está aberto ata o 15 de xuño o primeiro prazo de solicitude de pases de vehículos para acceder ao casco urbano durante as datas do Festival.

Do 12 ao 15 de xullo quedará restrinxida a circulación desde a Avenida da Escola de Gaitas en dirección á Avenida das Pontes, Eugenio López, Xosé Buide, Avenida Juan Luis Pía, Luama e acceso a Laxás. Ademais, prohibirase o aparcamento na rúa Francisco Santiago por razóns de seguridade. Só poderán acceder a estas zonas os vehículos que teñan o pase facilitado polo Concello. Os que pediron a autorización o pasado ano non necesitan renovala, a non ser que teñan cambiado de domicilio ou vehículo.

Os non residentes nas zonas afectadas que desexen obter o pase deberán entregar, xunto á solicitude, fotocopia dalgún recibo do ano 2018 que os acredite como veciños de Ortigueira. As persoas que necesiten acceder por motivos laborais a estas rúas tamén teñen que pedir a autorización.

Os pases solicitados neste primeiro prazo entregaranse do 21 ao 29 de xuño nas oficinas do Concello. O segundo prazo estará aberto do 21 ao 28 de xuño, e neste caso poderanse recoller do 5 ao 11 de xullo.