Cargando...

O Teatro da Beneficencia de Ortigueira foi cómplice esta tarde da presentación do libro de Fina Fernandez “Antón Curral. A Alborada dun Soño” dedicado ao Mestre de gaita D. Antón Curral.

O acto encheu as butacas deste espazo que cada ano cobra maior importancia durante os días do Festival.

Durante o mesmo estiveron presentes autoridades do Concello de Ortigueira como D. Juan Penabad e Dna. MªIsabel González. E a presenza de D. Antón Curral, a autora da obra Dna Fina Fernandez, Esperanza Branco, María do Mar Fernandez e Pablo Quintana.

A autora quixo homenaxear desta forma a figura de D. Antón Curral e o seu significado no mundo da Gaita e a música galega.

O acto contou coa actuación da Escola de Gaitas de Ortigueira.