Aquí podes consultar o programa de man con toda a información práctica do festival e recomendacións, especialmente para zona de acampada. Na zona de Morouzos encóntrase a zona de acampada e de lecer do Festival. Está dotada de duchas e aseos e dispón de zona de restauración.

A ZONA DE ACAMPADA É EXCLUSIVAMENTE A ZONA DO EUCALIPTAL, e está sinalada.

Dispón de transporte urbano desde o casco urbano ao prezo de 1 euro/traxecto.

O RESTO DE ZONA DUNAR E PIÑEIRAL ESTÁ PROTEXIDA E NON SE PODE ACAMPAR. Existen carteis indicadores.

Toda a zona de descanso e acampada está situada nunha zona protexida con alto valor ecolóxico que debemos protexer entre todos. Por esa razón, e moi importante:

  • EVITAR PISAR AS DUNAS
  • UTILIZAR AS PAPELEIRAS E CONTEDORES
  • NON FACER LUME
  • NON ACAMPAR NO AREAL E NO PIÑEIRAL
  • NON MALGASTAR A AUGA
  • DEIXA NA CASA OS ANIMAIS DOMÉSTICOS
  • RESPECTA A NATUREZA
  • COIDA O TEU CONTORNO PARA TER UN FESTIVAL INESQUECIBLE

 

Vémonos en #Ortigueira2018!

AnexoTamaño
PDF icon PROGRAMA_MAN_REDES_OK.pdf8.23 MB