Beltaine, de Polonia, The Taverners, de Burgos, e Brumafolk, de Cantabria, finalistas do Proxecto Runas 2018. Actuarán en Ortigueira o 12 de xullo, cada grupo percibirá ademais 1.500 € e terá a posibilidade de actuar en 2019.

O concurso recibiu a participación de 19 bandas, de diversos países e comunidades autónomas. Os tres grupos finalistas determináronse por un sistema de cinco votos. Un voto saíu das votacións do público na páxina web. Os outros catro proceden dun xurado composto por músicos, xornalistas musicais e promotores seleccionados polo concello con anterioridade ao voto emitido desde a web.

Os tres grupos seleccionados para a final son: BELTAINE, de Polonia, THE TAVERNERS, de Castela A Mancha e BRUMAFOLK, de Cantabria.


Os tres grupos actuarán no escenario do Festival o xoves 12 de xullo e percibirán un caché de 1.500 euros. O xurado estará presente nos concertos para emitir o seu voto. O grupo vencedor actuará tamén en 2019, por cuxa actuación recibirá un caché de 3.000 euros. O fallo do xurado darase a coñecer publicamente durante o festival, nos medios de comunicación e directamente aos grupos, ademais da páxina web e redes sociais.

A puntuación final de cada grupo foi a suma de todas as puntuacións outorgadas por cada xurado. A isto úneselle a votación web do público, na que aos tres grupos máis votados se lle outorgan 10, 8 y 6 puntos respectivamente. Cada un dos membros do xurado cualificou aos grupos cunha puntuación de 0 a 10. Os criterios que se tiveron en conta foron, a orixinalidade e presentación de temas propios sobre os tradicionais, innovación e frescura na música, diferenciación con os outros grupos e aspectos musicais e de formación.

AnexoTamaño
PDF icon EXTRACTO_FINALISTAS_Runas2018.pdf294.1 KB