Cargando...

O comité de selección do Concello de Ortigueira acaba de publicar a relación de bandas que superaron a primeira fase.

Criterios de calidade musical, traxectoria, técnica, creatividade, foron tidos en conta para a selección dos grupos.

A relación de seleccionados é:

 

GABRIEL G DIGES, de Irlanda

GWIDDEL - Andalucia

JESUS DEL CASTILLO - Madrid

KOJI KOJI MOHEJI, de Japón

LOCHLAIN- Valencia

MOSQUERA CELTIC BAND - Castilla La mancha

NOREIA - de Slovenia

RASTAKELTIA - Madrid

VIRANDEIRA - Galicia

  

A partir do luns 24 de abril as 22 horas, poderán comezar as votacions online dende a paxina web do Festival que permanecerán abertas ata o xoves 11 de maio.  

Os puntos obtidos polas bandas na páxina web serán considerados como un membro do xurado de finalistas, xunto cos votos doutros catro xurados, seleccionados entre músicos, productores, etc.

 

Os tres grupos seleccionados polo xurado serán publicados  o 19 de maio.

 

Os grupos seleccionados actuarán no Escenario Estrella Galicia a noite do xoves 13 de xullo dentro da edición de 2017 do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira.