Cargando...

A arpista escocesa Rachel Hair, xunto co guitarrista Ron Jappy, son os encargados esta vez de comezar este 2018 con un concerto no Teatro da Beneficencia, dentro do ciclo Festival no Teatro o vindeiro 27 de xaneiro.

Nesta ocasión presentase un instrumento pouco visto nos concertos do Festival, interpretado por unha das mellores arpistas escocesas e dun guitarrista de primeira fila.

Para o desfrute de todos.

RACHEL HAIR DÚO

Rachel Hair, arpa
Ron Jappy, guitarra
“Unha magnífica arpista das terras altas de Escocia" (BBC Radio 2) Rachel Hair é "Unha das mellores arpistas celtas contemporáneos do Reino Unido" (Songlines).
Procedente de, Ullapool, nas terras altas de Escocia, é unha destacada intérprete na escena da música tradicional escocesa moi solicitada, compositora e mestra de arpa céltica.
Rachel publicou 4 álbums aclamados pola crítica e recorreu extensamente toda Europa, EE. UU, tanto como solista, como en dúo ou trío.
Desde Glasgow, cidade escocesa famosa pola súa mestura de estilos musicais e culturais, Rachel é unha apaixonada da promoción da arpa, o instrumento mais antigo de Escocia. Ela se esforza por abrir novos horizontes, quitando sua estereotipada e cargada imaxe de salón de baile, sen deixar de ser fiel a súas raíces nas terras altas.
A arpista Rachel Hair, xunto co guitarrista Ron Jappy presentan un concerto intimo baseado nas músicas de Escocia, Pais de Gales , baladas tradicionais : unha síntese perfecta do moderno e o tradicional.
Ron Jappy, guitarrista, nado e criado no pequeno pobo costeiro de Findochty, no noroeste de Escocia, comenzou a tocar o violín desde unha idade temprana na escola primaria antes de aprender a guitarra acústica.
Despois de haber realizado unha extensa xira polo Reino Unido e Europa desde que se graduou no Conservatorio Real de Escocia en 2011, Ron actuou con varios artistas de éxito como Mabon y Skerryvore e aparece regularmente con la National Youth Pipe Band de Escocia e Scott Wood Band .