Cargando...
Á segunda vai a vencida, que fose finalista do veterano concurso de valores emerxentes no 2010, converteuse no gañador do certame no 30 Festival Ortigueira. O xurado, integrado polo gaiteiro Pepe Vaamonde, polo acordeonista Diego Maceiras e polo mestre gaiteiro Manuel Garrido, concedeu un total de 241 puntos á banda (non 247 como publicamos por un erro), que deixou atrás os seus directos competidores.

A teor do xurado, a proposta de Xabi Aburruzaga band destacou pola orixinalidade do repertorio, a afinación, a calidade dos arranxos, a variedade e uso de ritmos, o emprego de recursos típicos do folk ou a conexión co público. O grupo visitou Ortigueira con novo traballo saído do forno "Geure", o terceiro da súa discografía.

O segundo posto foi para o Cuarteto Caramuxo (231 puntos) ao que lle corresponde un premio de 3.000 euros. E por último, os tamén galegos Tiruleque

, con 208 puntos e 2.000 euros de premio.