Cargando...

"Un himno á liberdade, onde as posibilidades da gaita, unha vez máis, non teñen límites,"así se defíne "Confuxon", o novo traballo discográfico que o de Moaña presentará na súa nova visita a Ortigueira. A proposta do enérxico gaiteiro e a súa banda, na que non faltan á guitarra Xosé Liz, e co violín e o chelo o irlandés Eoghan Neff, promete unha auténtica viaxe, chea de envolventes melodías, polos países celtas.

O seu último paso polo certame, coincidindo coa aparición do álbum "Tiran", hai apenas catro anos, confirmou o poderío da banda, permitindo anticipar un fin de festa ao grande para a 30 edición do Festival.