Cargando...
O quinteto, liderado polo gaiteiro de Celtas Curtos, Antón Dávila, e por Xosé Liz, integrante de Entretrastes, Beladona ou Lizgairo, pisa por primeira vez o Festival Ortigueira cunha proposta baseada na recreación de fórmulas musicais propias do "mundo celta", sen que perdan a súa esencia. O repetorio da banda combina revisións de temas populares (reels, jigs, muiñeiras ...) con composicións propias.

Gaita galega e irlandesa, whistles, bouzuki, o violín de Harry Price, o contrabaixo de Álvaro Igrexas e a percusión, a cargo de Suso Alonso, únense para reinterpretar melodías de corte tradicional. A formación, xurdida no 2001, publicou fai tres anos a súa primeira e, polo momento, única gravación, titulada GalEire, un traballo de folk galego e irlandés a partes iguais. Música atractiva tanto para quen queira bailar como para o que se incline por goza escoitando.