Cargando...
Directamente dende o casco vello compostelán, chegan os músicos que poñen ritmo ás tradicionais foliadas que confiren personalidade á coñecida "Casa das Crechas". O Festival pon o broche de ouro á súa xornada de apertura  transladando ao Escenario Estrella Galicia a maxia das sesiones jam do popular local santiagués, fichando para a ocasión algúns dos artistas que nunca fallan nesas noites.

Non será un concerto típico, con repertorio fixo e un plantel de artistas pechado, senon, como cada mércores no seu espazo orixinal, unha festa aberta á participación de músicos profesionais ou amateurs que saiban tocar ou cantar e que queiran unirse á banda.

NULL