Cargando...

 

A proposta máis punteira do world music feito en Galicia. Berrogüetto, o grupo galego con maior recoñecemento internacional, celebra o seu 15 aniversario en Ortigueira. O septeto, que acaba de gañar un Premio da Música á mellor canción por “Alalá dá noite?”, volve ao Festival do Mundo Celta co seu novo traballo “Kosmogonías”, o quinto da súa exitosa carreira.

Moito pasou desde a súa última visita, alá polo ano 2006, tempada na que os multiinstrumentistas promocionaban o seu álbum “10.0”. A máis evidente das novidades, a incorporación do solista masculino, Xabier Díaz. Ademais intégrase tamén no grupo a nickelharpa, un instrumento de corda, orixinario do folclore sueco e similar a unha zanfona.

Berrogüetto, grupo de culto boa parte de Europa, grazas a álbums como “Navicularia”, “Viaxe por Urticaria” e “Hepta”, manten inamovible a súa vocación de romper fronteiras a través da música.