Cargando...
Se hai un par de anos coñecemos a quen foi durante anos o seu violinista, Aly Bain, agora chega a quenda da que fose a súa banda. Boys of the lough, que pasará á historia como o primeiro grupo propiamente celta que conseguiu brillar a nivel internacional, debuta en Ortigueira.

Pasaron máis de 40 anos dende a súa fundación e, como cabería esperar, da aliñación orixinal mantense tan só Cathal McConnell (frauta, whistle e voces). Con todo, e malia os frecuentes cambios da formación, o seu virtuosismo técnico e o respecto mostrado á música tradicional irlandesa e escocesa converteuna nunha banda de culto.

Con instrumentos exclusivamente acústicos- un dos selos do grupo- tocados de xeito tradicional, bosquexan un repertorio que combina temas bailables e lentos. O quinteto, completado polo tamén histórico Dave Richardson (mandolina, cítara, concertina e acordeón), Brendan Begley (acordeón e voces), Kevin Henderson (fiddle), Malcolm Stitt (guitarra), presenta o seu vixésimo traballo discográfico que ten precisamente o título de Twenty
NULL