Cargando...
A nova unidade do IGAEM creada a finais do pasado ano co obxectivo de desenvolver a danza en Galicia, apostando por accións orientadas tanto aos profesionais como á cidadanía, debuta en Ortigueira. Trae ás rúas da vila un espectáculo especial, inspirado nas coreografías de Vacuo, a súa primeira montaxe escénica, dirixida pola coreógrafa Maruxa Salas.

A obra que adaptan para o Festival fala dos sentimentos, as emocións e o ciclo vida- morte- vida e constitúe un paso máis na aposta da compañía- da que forman parte neste momento 15 bailaríns- de levar a danza ao encontro co público.