Cargando...

Dando guerra dende o ano 1963. Máis que un grupo, é unha auténtica institución en Irlanda. Ás súas costas, preto de medio cento de traballos discográficos- o último, editado en 2012, é "Voice of ages"- frecuentes colaboracións con artistas consagrados de todos os xéneros e nada menos que 6 Grammys.

As súas interpretacións únicas e emocionantes deron prestixio internacional á música tradicional do seu país e conferíronlle cotas de popularidade descoñecidas. De aí a concesión do título honorífico de embaixadores da música irlandesa.

A segunda visita dos “Xefes”, liderados polo carismático Paddy Moloney, a Ortigueira converterase a bo seguro nun auténtico acontecemento para os amantes do folk, como sucedese no seu debut hai unha década, xunto a Carlos Núñez, nun concerto deses que deixan pegada.

Galardoados o pasado ano pola Xunta de Galicia coa Medalla Castelao, garanten o mellor espectáculo da edición.