Cargando...
O bo faise agardar. Imprevisibles, incombustibles e case xeniais. The Chieftains porán o broche de ouro ao Festival, ofrecendo o concerto que a choiva afogou o pasado verán. Chegan tras catro décadas en perpetuo estado de graza.

Un periodo no que "os xefes" conseguiron co seu estilo ecléctico e a experimentación actualizar a música tradicional irlandesa, relegada antes ao circuíto folc. E é que os 33 traballos discográficos que xa publicaron dan para iso e máis.

A súa colaboración con artistas do celuloide e do pop rock internacional (dende Sting aos Rolling Stones), a súa conexión coa comunidade irlandesa de Estados Unidos e os seus inmellorables directos, marcados pola improvisación, proporcionáronlles sona a nivel mundial. Un recoñecemento ao que despois se lle uniría o oficial. Así, foron elixidos Embaixadores Musicais de Irlanda en 1989.

Ortigueira vibrará coa esencia dos seus corenta anos no escenario e co seu reencontro co gaiteiro Carlos Núñez, descrito durante a súa xira conxunta de 1996 como "membro virtual da banda".

O vigués, que sacaba ao mercado en 2003 o seu Almas de Fisterra

, reunirase de novo na vila cos seus "maestros", amosando a ponte que une a música celta que se fai en Irlanda e Galicia.

NULL