Cargando...

É un proxecto que une a músicos irlandeses, escoceses, ingleses e bretóns, os integrantes das bandas Guidewires, Kan, Breton Quartet e á vocalista Alyth McCormack nunha produción a gran escala. Os seus directos son sinónimo de sinerxia musical, con primeiros espadas do folk internacional colaborando de forma íntima para imprimir toda a súa forza ao conxunto. 
 

Dán encádrase nunha nova ola da música tradicional cargada de suspense, que relaciona o tradicional e o moderno. Formado por 14 artistas respectados en todo o mundo que, no apoxeo da súa creatividade, axudan a reforzar a interconexión da música da franxa celta e a desafiar as convencións musicais.