Cargando...

O mellor do baile tradicional de Irlanda toma por uns días a vila ortegana. Alumnas de todas as idades da recoñecida academia de Dominic Graham, fundada en 1979 en Irlanda do Norte, regresan ao Festival para introducir aos festivaleiros no mundillo da danza tradicional do seu país e ofrecer, a través desta sesión nocturna, unha mostra das súas coreografías; resultado do esforzo que realizan por elevar a disciplina ao máis alto nivel.