Cargando...

Tralo éxito irresistible obtido o pasado ano, a organización reservou oco de novo no Escenario Alameda ao alumnado da Dominic Graham School of Irish Dance, unha escola fundada a finais dos setenta.

Regresan para estrear o espectáculo "Back to Breogan", unha homenaxe ao Festival Ortigueira, o primeiro certame no que actuaron fóra de Irlanda e que lles abriu as portas doutros eventos internacionais. 35 bailarins, 6 músicos, 2 cantantes e 1 narrador darano todo en escena para levantar de novo o público congregado.