Cargando...
Case medio século despois do seu nacemento no pub dublinés O 'Donogue, debuta en Ortigueira. Enormes barbas, fama de bebedores... The Dubliners (1962) renovou o estilo das bandas tradicionais do seu país e ao longo de cinco décadas inspirou a varias xeracións de artistas irlandeses e británicos, dende The Pogues, coa que gravaron o clásico, "Whiskey in the Jar", ata U2. O seu folk arranca na tradición irlandesa máis pura. E así, no seu repertorio non faltan temas e melodías populares e cancións da época da revolución industrial, temas de granxeiros, de traballadores...

Na súa extensa traxectoria, o grupo, que tomou o seu nome da obra de Joyce, viviu "momentos duros", tendo que repoñerse de perdas e desercións. Con todo, os seus virtuosos instrumentistas lograron manterse fieis á lenda. Os fundadores Barney McKenna (baixo, mandolina, voces) e John Sheahan (violín, tin whistle, mandolina e guitarra) permanecen na aliñación da banda, que completan Sean Cannon (voz solista e guitarra), Eamonn Campbell (guitarra, baixo e mandolina) e o baladista Patsy Watchorn (banxo). A sombra do retiro, que os acompaña dende hai anos, esnaquízase ante a evidencia de que a banda segue de xira.

A presenza desta formación, que ten editados máis de 180 discos e que é reresponsable xunto a The Chieftains da "invasión internacional" da música irlandesa, permite saldar a débeda pendente do Festival cos seus innumerables seguidores. O seu último traballo editado é o dobre álbum Live at Vicar Street

.

NULL