Cargando...

Os norteamericanos The Elders pisarán por vez primeira o palco da Alameda, a pesar de contar xa cunha longa traxectoria. A súa presencia en Galicia servirá para descubrir os seus maiores éxitos. De feito, están en xira co recopilatorio “The best of the Elders”

Fundado en 1998 e  con media ducia de discos no mercado, entre álbumes de estudio e directos, o sexteto de Kansas, encabezado polo carismático cantante e percusionista irlandés Ian Byrne,  sacudiu as listas de éxitos de Estados Unidos e Irlanda.

Prometen un directo intenso coa súa mestura de música de raíz irlandesa, rock, voces potentes e sons instrumentais.  Será unha noite na que non faltarán os grandes éxitos de  discos como “Past it on down”, “America wake”, “Live at the Gem”, “Racing the tide”,Live and Alive in Ireland” ou máis recente “Gael day”.