Cargando...
Gañadores do Runas 2004. Perseguen divulgar a música tradicional de Asturias, con que con eles un pedazo desta nación celta se asoma ao Escenario Estrella.

A formación é un colectivo xurdido da confluencia de diversos grupos culturais e de músicos do Conservatorio de Oviedo que intentaban revivir o fenómeno das "bandinas" ou formacións máis ou menos espontáneas que animaban as festas e romarías asturianas e que evolucionou ata converterse nunha agrupación folc cunha música máis elaborada e persoal.

A banda xurdiu en 1996 e ten xa dous discos no mercado –Gatos del fornu e Xeneración Folk

-, nos que mesturan á perfección modernidade e respecto ao tradicional, ás raíces.

NULL