Cargando...

Os zancudos da rexión francesa das Landas repiten tras o éxito das súas  espectaculares postas en escena polas rúas de Ortigueira na pasada edición. A agrupación leva desde o ano 1972 traballando por "revivir" os bailes e os costumes dos seus antepasados. Ataviados con traxes tradicionais, os 25 zancudos/as (con idades  que van dos 5 aos 35 anos), os oito bailaríns de chan e os catro músicos que integran o grupo sorprenderán ao público do Escenario Estrella Galicia coas súas interpretacións de "gigues", "polkas" e  demais repertorio, deixando imaxes para a lembranza e creando ambiente.

NULL