Cargando...

Pioneiros na fusión de música tradicional e rock. Os músicos de Gwendal - grupo bretón creado en 1972- visitan por segunda vez Ortigueira. Tralo seu debut no ano 2006, a banda recala no Festival dentro de víraa internacional coa que conmemoran a súa 40 aniversario. Será un concerto no que repasarán os mellores temas da súa extensa discografía que inclúe dez álbumes de estudos (o último “Warg roag”) e varios recopilatorios, entre eles, o recente “Best of”.

Esencia folk rock jazz música clásica. Aúnan violín, guitarra eléctrica, bombarda e mandolina, retomando a liña dos seus traballos máis enérxicos. Ortigueira sumarase ao tributo á histórica banda que lidera Youenn Lle Berre, único "supervivinte" da formación orixinal.