Cargando...

Directo desde Le Mans, chega a Ortigueira este sexteto que atesoura experiencia en festivais internacionais da forza do de Lorient. A súa proposta claramente rockeira colinda co celta, grazas á presenza na súa música de instrumentos como as frautas, o violín ou a bombarda.

O grupo, fundado a finais dos noventa, conta con tres álbumes no mercado, ademais dun dvd e cd en directo, lanzado en 2007.

O seu selo: melodías efectivas, letras pegadizas, un directo para decargar adrenalina e moitas ganas de divertir. Candidato a converterse en grupo revelación da presente edición.