Cargando...

Son seis mulleres que a finais do 89 decidiron dar a coñecer a música tradicional galega, ao son de pandereitas e voces, convencidas de que o canto galego, pola súa singularidade e forza, debía ter un espazo propio nos escenarios.

O sexteto, hoxe un auténtico referente da música tradicional, regresa a Ortigueira tras a súa participación en 2006, no marco do espectáculo mestizo "Galicia & outras músicas". No seu directo, o grupo fará repaso á súa intensa vida musical, condensada nos álbums "Leilía", "I é verdade i é mentira", "Madama" e "Son de Leilía".

Será unha viaxe no tempo no que estarán acompañadas por tres músicos de recoñecido prestixio do panorama galego. Ademais, o grupo adiantará temas do que será o seu quinto traballo artístico. O novo disco, que sairá ao mercado este ano, ofrecera "unha visión renovada e actual da música tradicional galega".