Cargando...

Autores: Delmi Álvarez, Fernando Bellas, Tino Martínez, Javier Teniente, Xulio Villarino y Tino Viz.

A paisaxe, o patrimonio arquitectónico, a riqueza humana de peregrinos visitantes e persoas que viven ao largo dos Camiños que levan a Santiago son rexistrados polas cámaras destes seis fotógrafos galegos.

Dende iconos puramente xacobeos ata manifestacións antropolóxicas. Dende os retratos con nome e apelidos ata a figura anónima no espazo. Dende a paisaxe abierta ata a intimidade de igrexas e claustros.

Estos artistas senten e reflexan a través das súas obras como nunha sociedade globalizada e acelerada existen espazos en que, independentemente de quen sexas e a onde vaias, sempre te sentirás identificado. O tempo toma unha dimensión diferente da que manexamos no noso ritmo cotidiá. O destino é o que te coloca, e ese é Compostela.

Despois de visitar diversas cidades, esta exposición chega a Ortigueira coa intención de mostrar, coa perspectiva destes fotógrafos, a riqueza que o fenómeno xacobeo xenera no Finisterrae europeo, en Galicia. Poderase visitar durante todo o mes de xullo, na sala de exposicións situada no primeiro andar da Casa Consistorial.

Puntos: 0