Cargando...

CICLO "FESTIVAL NO TEATRO"

Despois do éxito acadado a tempada pasada, cos concertos de ALAW (Gales), NIAM NI CHARRA (Irlanda), YVES LAMBERT (Canada) e ANXO LORENZO (Galicia), potenciamos esta tempada o ciclo Festival no Teatro.
O Teatro da Beneficencia, sen dúbida, unha das xoias arquitectónicas coas que conta Ortigueira, é un pequeno local do seculo XVIII, cun unha capacidade máxima de 250 persoas.
Co ciclo Festival no Teatro pretendese unha aproximación da música e os artistas ó publico namorado deste tipo de música, e a posta en valor deste espazo único, que data do S. XVIII e a súa asociación coa música de corte acústico, nun clima intimo e recollido.
Estes concertos queren darlle espazo a esas formacións que, polas súas características de posta en escea, adáptanse mellor a este escenario e permiten que o publico desfrute da proximidade dos artistas.
Pretendese tamén a variade musical e o intento de que estean presentes diversas formación de países de tradición celta.

O ciclo permite tamén alongar a presenza do espírito do Festival durante todo o ano.

As concertos previstos para esta tempada son:

  • 18 de novembro, BELLON MACEIRAS, de Galicia
  • 15 de decembro, MILLADOIRO, de Galicia.
  • 20 de xaneiro de 2018, RACHEL HAIR DUO, de Escocia.
  • 23 de marzo, TRIAD, de Irlanda.

Proximamente anunciaranse as de os meses de febreiro, abril e maio.

ENTRADAS

Venda presencial de entradas dende o martes anterior, en horario de 11 a 13 horas. e o mesmo dia do concerto dende as 19.30 horas.
Venda por internet, a través do correo electrónico cultura.deportes@concellodeortigueira.com .Enviar solicitude de entradas se responderá co procedemento de reserva.

PROGRAMA DE MAN

Próximamente.

OUTRAS ACTIVIDADES

OBRADOIROS

Próximamente.