Cargando...

A primeira e única orquestra folk do mundo volve a Ortigueira. O seu paso polo Festival, aló por 2003, valeu para presentar e proxectar á formación, integrada por alumnos e profesores do Conservatorio de Música Tradicional da Escola de Artes de Vigo e oficios de Vigo, cando nin sequera editara o seu álbum debut, Mar de Vigo.

Madurado, este proxecto xestionado agora a través dunha fundación homónima que desenvolve ademais estudos de etnomusicoloxía, non perdeu nin un chisco de orixinalidade. Segue sorprendendo pola cantidade de músicos que move- nada menos que 35-, pola calidade dos seus amaños contemporáneos e pola variedade de instrumentos que utiliza, algúns deles fabricados na propia escola. A combinación das seccións de arpas (dirixida por Rodrigo Romaní), zanfonas (Anxo Pintos), gaitas e percusión (Xaquín Xesteira), violíns (Alfonso Franco), pandeiretas (Chisco Feijoo) e requintas (Xosé Liz)  configuran o seu contundente son.
 
Chegan con novo traballo baixo o brazo, Trastempo (Casa de Tolos, 2007). A nova colección de cancións inclúe pezas tradicionais e dous temas creados especificamente para o conxunto, interpretados pola orquestra no seu conxunto, sen renunciar aos momentos de lucimento en solitario de cada unha das súas seccións . Engancharán ao público máis esixente, co seu poderoso directo.

NULL