Cargando...

Das jam sesions dos pubs irlandeses da capital hispalense ao Festival do Mundo Celta, en apenas un lustro. Os Stolen Notes, gañadores do “Proxecto Runas 2011”, animarán a sesión de concertos do venres coa súa revisión de melodías tradicionais irlandesas e doutros países do Arco Atlántico, ademais de composicións propias. Volven con novidades: a incorporación dun novo guitarrista, o asturiano Koke Folgueira, con miras á proxección nacional e internacional do grupo, e o avance dos temas do que será o seu primeiro traballo discográfico de envergadura.