Cargando...

Con só dez anos xa a chamaban de festivais, e incluso chegou a facer unha xira de trinta concertos. Hoxe é unha das grandes estrelas xurdidas do boom da música folc, que levou ao primeiro plano o traballo dun feixe de gaiteiras solistas e un dos nomes con maior proxección internacional. 

En 2009 viña de publicar Os soños que volven, o seu cuarto traballo discográfico no que reinterpreta, revestíndoas de modernidade, as pezas que tocaba na súa infancia. Con esta nova aposta, que chegaba tras Alma de buxo e Mares de tempo e coincidindo co décimo aniversario da publicación do seu primeiro disco, quere mostrar a forza e viveza da música tradicional galega.


Tamén en 2000 e 2004
A súa primeira actuación no Festival de Ortigueira remóntase ao ano 2000. En 2004 repite cando acaba de publicar Mares de tempo, "un pouco diferente aos anteriores discos", entre outras cousas, porque inclúe ata cinco temas cantados. Gaiteira e cantante, Seivane busca o seu propio son a carón dos músicos que a acompañaron nos últimos anos.