CICLO "FESTIVAL NO TEATRO"

O Teatro da Beneficencia, sen dúbida, unha das xoias arquitectónicas coas que conta Ortigueira, é un pequeno espazo do século XVIII, cunha capacidade máxima de 250 persoas.
Co ciclo Festival no Teatro pretendese unha aproximación da música e os artistas ao publico namorado deste tipo de música, e a posta en valor deste lugar único, que data do S. XVIII e a súa asociación coa música de corte acústico, nun clima íntimo e recollido.
Estes concertos queren darlle espazo a esas formacións que, polas súas características de posta en escena, adáptanse mellor a este escenario e permiten que o publico desfrute da proximidade dos artistas.
Pretendese tamén a variade musical e o intento de que estean presentes diversas formación de países de tradición celta.

O ciclo permite tamén alongar a presenza do espírito do Festival durante todo o ano.

Tras o éxito colleitado este ano, xa estamos a pensar na programación de outono, da que informaremos puntualmente aquí e nas nosas redes. Estade atentos!

PROGRAMA DE MAN

Próximamente.

OUTRAS ACTIVIDADES

OBRADOIROS

Próximamente.