Header Image

Runas 2024

No ano 2000, o Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira deu o primeiro paso para lanzar unha plataforma de promoción de grupos noveis, foi así como naceu o Concurso Runas.

Entón e agora, a mellor banda asegurábase a súa presenza na seguinte edición, compartindo escenario cos cabeza de cartel no escenario principal. Máis de dúas décadas despois, o Runas mantense fiel aos seus principios, aínda que no camiño teña evolucionado nas súas formas.

Xa son máis de 200 bandas nacionais e internacionais as que pasaron polo Runas, o que indica a importancia desta plataforma de promoción de grupos noveis dentro da música celta e folk.

Descargas:
Bases do Proxecto ESP GAL ENG