1.- Credes que a música tradicional galega todavía mantén certos tópicos dentro do imaxinario colectivo?

Sí, consideramos que aínda mantén certos tópicos. Moitas veces ven xente nova aos nosos concertos a vernos e cando falamos con eles sobre que lles pareceu o concerto a maioría das respostas que nos dan é ‘eu pensaba que era outro rollo completamente diferente, máis aburrido...’ É dicir, é como que asocian a música galega a música de vellos ou música que non vale para a festa ou para disfrutar escoitándoa, música de segunda. Parece que tan só as músicas comerciais valen para escoitar a diario e a música galega quedou ancorada no pasado, mais claramente non, pois seguen a aparecer grupos novos dentro do panorama e ademais parece que o mundo da música tradicional medra cada vez máis.

2.- Cal credes que é a  mellor forma de achegar a música tradicional aos máis novos?

Supoñemos que un básico é que xente nova vexa como aparecen grupos de música folk/tradi para que se den conta de que non é unicamente unha música para xente maior, mais non sabemos moi ben cal é a fórmula exacta para achegalos a ela. Unha medida moi importante é que se creen espazos para que a xente nova poida escoitar este tipo de música e que dende as escolas se promova música en galego e música galega, xa que é unha forma de transmitirlles cultura ás novas xeracións e ensinarlles a que se valore a gran cultura que temos neste país.

3.- Sabemos que vos gusta moito participar en foliadas. Achades que estas festas tan tipicamente galegas poderían ser a clave para transmitir o valor da nosa cultura a todos aqueles que a descoñezan? 

Xa temos ido a máis das que imos hoxe en día. Sí, cremos que cumpren un traballo moi importante na transmisión da música tradicional. Ademais hoxe en día hai un montón de foliadas que moven a moitísima xente e que teñen unha organizaciaón moi interesante, o que fai que se vexa seriedade e á sua vez que se valoren este tipo de eventos.

 4.- Que representa para vós o lema deste ano do festival, “Oito nacins, unha cultura”?

Para nos o lema de este ano representa a unión musical, social e cultural das nacións celtoatlánticas.         

5.- Finalmente, que pode esperar o público de Ortigueira da vosa actuación? E que esperades vós do público de Ortigueira?

Que o vaian disfrutar tanto coma nós, cheos de ilusión e bo rollo. Que valoren que despois de varios anos, volve un grupo galego ao Runas.