O Concello de Ortigueira acaba de publicar as bases que rexen a convocatoria, en varias modalidades.

Unha vez finalizado o prazo, escolleranse pola Organización os artesáns  mais interesantes , valorando cuestións funcionais, estéticas, artísticas, recuperación do material, e todos os que permiten unha avaliación conxunta dos produtos.

Valorarase, entre outros criterios, o estar inscrito no rexistro de artesáns da respectiva comunidade autónoma ou país, a participación na feira  en anos pasados, ou peculiaridades de cada produto.

As bases da convocatoria contén os formularios de solicitude e a documentación a aportar e requisitos.

O prazo remata o 9 de maio.