Primeira aposta musical do Festival este año 2017.

Ante un Teatro da Beneficencia cheo de afeccionados ao folk, procedentes de toda a bisbarra,presentabase en Ortigueira, por primeira vez,  a artista irlandesa Niamh Ni Charra - violín, concertina e voz- acompañada de Dominic Keogh  o bodhram e de Kevin Christopher Corbett   a guitarra.

Co musica tradicional irlandesa, cancions, xigas, incluso versioneó  a muiñeira de Pontevedra, foi encandeando ao publico, que gozou dun concerto marabilloso, entretido e con moito ritmo.

Ao longo de mais dunha hora, con bis incluido, Niamh Ni Charra foi cambiando entre a súa voz, a concertina e o violin, instrumentos que domina a perfección a vez que Dominic demostrou suas habilidades con una solo de bodhram.

 

Este novo ciclo del Festival, denominado" Festival no Teatro", pretende presentar en Ortigueira, no incomparable marco do Teatro da Beneficencia, concertos de musica folk de musicos de paises con raices celtas, como complemento aos concertos que vanse a realizar no mes de xullo.

A este concierto da Irlandesa Niamh Ni Charra, seguirá o viernes 17 de Marzo, o grupo Alaw, do  Pais de Gales, co acordeonista Jamie Smith,  acompañado de Dylan Fowler a la guitarra e de Oli Wilson-Dickson ao violin.

Mais adelante confirmaranse outros concertos de músicos canadienses e de músicos galegos.