ARRINCA O FESTIVAL 2019 CON CALLUM STEWART

Procedente das tradicionais illas británicas, estableceu un estilo único ao longo do seu camiño, co son da súa frauta de madeira, a cal domina á perfección. Orixinario do norte de Escocia e criado coa tradicional música do seu nativo Morayshire, está en constante procura da voz que vai máis aló de fronteiras e melodías que non se cimentan xeograficamente.

A súa voz musical distintiva desenvolveuse a través de colaboracións dentro das tradicións escocesa, irlandesa e bretoa. A través da colaboración cunha ampla gama de músicos de diferentes xéneros, tanto no Reino Unido como a nivel internacional, absorbeu moitas influencias diferentes na súa viaxe musical.

O seu dominio do Fest Noz danza como músico, alimenta o seu coñecemento do estilo bretón, o que lle dá unha sólida base para explorar novos camiños. Esta necesidade de mirar máis aló das fronteiras, empurrando os límites, dentro do respecto das tradicións, é o que une a Calum Stewart a forxar, a partir de instrumentos antigos, un novo son.

Sábado 19 de xaneiro (Teatro de Beneficencia) 20:30 h. Entrada 4,5 €