Xa podes participar no Runas e chegar a tocar no Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira 2019!

Como principal novidade nas bases deste ano, se fomentará a participación feminina no concurso. O sistema de puntuación deste ano premiará aos grupos que conten con integrantes femininos na súa formación.

O ano pasado presentáronse 19 bandas de diversos países e comunidades autónomas. A ganadora foi Beltaine, que como parte do premio, actuará este ano o sábado 13 de Xullo no escenario Estrela Galicia.

Podes descargar as bases na seguinte ligazón:

https://festivaldeortigueira.com/gl/runas/2019

#OitoNacionsUnhaCultura #OchoNacionesUnaCultura #EightNationsOneCulture