Non hai outro festival como o de Ortigueira

1.- Como definiriades a vosa música?

Bueno, é realmente unha tarea imposible definir a música de Flook, está sempre cambiando, da mesma forma que nós cambiamos e medramos. Si, é música instrumental e contemporánea arraigada nas nosas respectivas tradicións, pero é salvaxe e libre e non ten fronteiras.

2.- Despois de varios anos sen tocar xuntos, que foi o que vos impulsou a voltar aos escenarios?

A verdade é que nunca cremos que fose o final, só necesitabamos un descanso despois de estar na estrada durante trece anos. A música e a nosa amizade todavía era moi forte, polo que tan só se trataba de que chegase o momento oportuno. Encaixamos ben sen moito esforzo, mesmo despois da separación apenas houbo ferruxe. Hai unha moral especial en Flook, a cal se traduce nos nosos discos e especialmente nos nosos shows en vivo, e penso que todos botabamos de menos iso.

3.- O título do voso novo álbum, “Ancora”, ten un significado especial para vós, qué é o que podemos atopar nel?

“Ancora” ten algunas conexións simbólicas para nós. A sensación de estar ancorado ou arraigado nun tipo de unión creativa prevalece na nosa música. John, Joe e Ed son unha poderosa base musical sobre a cal moitos das nosas actuacións están construídas. Ancora tamén significa voltar de novo; é a continuación dun proceso vital no que nos atopamos abrazando un novo capítulo da nosa vida.

4.- Cal é a vosa percepción da situación actual da música celta e tradicional?

Parece haber un balance entre artistas e bandas novas sen medo a tomar riscos e ser francos coa súa música e levar a tradición a novas formas en novos tempos, e eses que, por falta dunha mellor palabra, están arraigados no terreo da tradición e levan a música na súa máis pura e destilada forma. Os tempos nos que vivimos obviamente moldean agora como nos comunicamos e escoitamos a música, pero hai moitas almas vellas nos músicos novos que teñen o maior respecto pola fonte da tradición.

5.- Co motivo do claim deste ano “Oito nacións unha cultura”, que pensades vós que é o que vos une ao resto de nacións celtas?

Dende os primeiros días de “Flook” non mantivemos en segredo o noso amor pola música bretona, galega, asturiana, e a máis preto da casa, a música tradicional escocesa. Somos todos o mesmo, quitando a lingua falada, e nós como persoas celtas temos todos as mesmas historias. A música chega  ao corazón do que significa estar vivo.

6- Cal é o voso mellor recordo do voso anterior paso polo festival?

Non hai outro festival como o de Ortigueira, é diferente a calquer outro. O intercambio de enerxía entre o público e o escenario é esmagador ás veces. Cando tocamos por última vez, lembrámonos do clamor da audiencia, nin tan sequera despois de cada actuación, senón entre as cancións dentro da actuación.  Foi tolo, como estar levantado e transportado mentres tocabamos, dispostos a alturas veritixinosas. É imposible de explicar a outros amigos músicos que nunca tocaron en Ortigueira como é, é unha experiencia tan única… non podemos esperar para volver.

7.-E, finalmente, qué pode esperar o público de Ortigueira da vosa actuación? E qué esperades vós do público de Ortigueira?

Bueno, nós estamos a punto despois do noso gran lanzamento en Reino Unido do tour de Ancora en abril e maio. Levaremos moito do novo álbum a Ortigueira e haberá uns poucos vellos clásicos que sabemos que funcionarán nese gran escenario. E o máis importante, sabemos como gozar deses momentos agora, son noites únicas, que non se repiten, así que seremos como Ícaro e voaremos tan preto desa calor como poidamos.

Ningunha expectativa , vexamos quen se pode divertir máis e ruxir máis forte!!!