1.-  En que momento vos déchedes conta de que erades un referente dentro do universo celta?

A nosa preocupación nunca foi sentirnos como unha referencia musical, polo que é difícil responder a esta pregunta. Pero certamente cando Gwendal fixo que os músicos (en particular os españois) quixeran crear novos grupos celtas inspirados no noso estilo, démonos conta de que poderíamos ter unha influencia positiva no panorama cultural.

2.- No grupo intégranse diversos estilos musicais procedentes doutras culturas, ademáis da música celta, como é o proceso de mesturar todos estes sons tan diferentes?

Isto vén naturalmente. Dende o  principio, Gwendal estivo composto por músicos de diferentes culturas (jazz clásico...) e varios gustos musicais. A pesar do que parece ser, todas estas músicas non son tan diferentes, hai moitas similitudes nalgunhas melodías e ritmos bretón e cabila, irlandés e galego, clásica ou barroca e música do mundo...

3.- Que representa para vós o lema deste ano, #OitoNaciónsUnhaCultura?  Como credes que se reflicte a unión das nacións celtas neste festival, no reforzo da súa cultura?

Cremos que a gran importancia do festival de Ortigueira é organizar unha reunión de grupos de música de diferentes rexións e países e ofrecer ao público a riqueza do traballo de todos estes músicos unidos pola misma paixón. Por outra parte, persoalmente, non me adhiro aos conceptos nacionalistas e creo que a noción de "peuple celtique" é falsa e un pouco perigosa. Toda Europa foi celta á vez, e dende entón os tempos e as persoas evolucionaron moito, mesturando os seus idiomas coas súas costumes e a súa música: non hai unha cultura celta, senón moitas culturas celtas, algunhas bastante preto (Irlanda e Galicia, por exemplo) pero sen ningún punto en común con outros (Bretaña, por exemplo).

4.- E, finalmente, que pode esperar o público de Ortigueira da vosa actuación? E que esperades vós do público de Ortigueira?

Agardamos gozar sobre todo, e compartir un momento de celebración.