Tras catro días sendo o epicentro do folk internacional, o Festival de Ortigueira pecha a súa XXXII edición cun balance moi positivo para artistas, público e organización.

Unhas 90.000 persoas pasaron por Ortigueira durante estes días atraídos por músicos coma Alén de Ancos, Susana Seivane, Dooling ou Fullset que fixeron deste evento algo máis ca un festival. Ortigueira consolídase coma una das citas obrigadas das axendas de miles de folkies chegados de toda Europa.

Para os galegos Milladoiro, este é un dos seus escenarios preferidos e demostrárono presentando un DVD e CD do concerto celebrado no mesmo auditorio no 2014e resaltan o único da situación do festival así como o especializado do público asistente.

Precisamente o público di repetir ano tras ano polo cartel de artistas, o entorno e o ambiente que se respira. Outros factores que xogan a favor do Festival son o carácter gratuíto tanto dos concertos como da zoa de acampada situada nos Morouzos.

A organización xa se atopa negociando o cartel dos próximos dous anos e prometen sorpresas moi agradables para os folkies.

Sen dúbida, multiplicar por dez a poboación desta vila e seren referencia a nivel mundial, require moito tempo e esforzo.